900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Federación Galega da Construción reúne a 120 empresas para explicar as medidas de viabilidade dos contratos de obras públicas da Xunta

A xornada técnica, organizada pola Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Galega da Construción, celebrouse na sede da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia en Santiago de Compostela

 

As empresas coñeceron de primeira man os mecanismos xurídicos que se habilitarán para asegurar as obras públicas en risco polos custos e suministro de materiais

Nova Galicia

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e a Federación Galega da Construción (FGC) organizaron, en colaboración coa Fundación Laboral de la Construcción de Galicia (FLC), unha xornada técnica na sede da FLC en Santiago de Compostela que reuniu presencialmente e online a preto de 120 representantes de empresas da industria para explicar as medidas de viabilidade dos contratos de obras públicas da Xunta de Galicia.  

Francisco Menéndez Iglesias, director da Axencia Galega de Infraestruturas e Daniel Núñez Otero, xefe da área de Construción da AXI, explicaron na sede da FLC de Galicia as medidas que está adoptando a Xunta de Galicia co fin de poder compensar aos contratistas de obra pola alteración extraordinaria que están a sufrir os prezos e o suministro dos materiais de construción.

A xornada, clausurada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, contou coa intervención de Diego Vázquez Reino, presidente da Federación Galega da Construción, que destacou a importancia destas medidas que se viñan reclamando desde a industria para que as empresas do sector poidan desenvolver con garantías a execución dos Fondos Europeos Next Generation de recuperación.

Medidas necesarias para dar viabilidade ás obras públicas

Dende hai tempo, as empresas do sector da construción alertaban do risco de que as obras públicas sufrisen retrasos e puidesen ser paralizadas ou mesmo abandonadas pola quebra dos contratos. De feito, os propios contratistas estaban a asumir o aumento no prezo das materias primas que, nalgún caso, se encareceron un 100%, para evitar o incumprimento dos contratos.

As novas medidas normativas deseñadas dende a Xunta -que suscitaron moito interese polo resto das asociacións a nivel estatal xa que Galicia foi pioneira na súa adopción- están dirixidas a dar viabilidade ás obras públicas e a protexer o emprego nas empresas de construción ante a crise dos prezos dos materiais. Dende a Axencia Galega de Infraestruturas trasladouse ás empresas os mecanismos xurídicos habilitados dende a Xunta que lles permitirán garantir a viabilidade das obras públicas en risco polos problemas cos materiais.

Segundo explicaron dende a AXI, estas medidas aplicaranse nas obras en execución que rexistrasen unha variación de prezos dos materiais de, cando menos o 20%, e que causen unhas perdas superiores ao 6% do importe de adxudicación. Nestes casos, establecerase unha “compensación” que evite a quebra do contrato ou autorizarase unha modificación dos materiais, promovendo os recursos de proximidade, sempre e cando isto non implique unha merma na funcionalidade das obras.

Con todo, dende o sector seguen pendentes das medidas que anuncie o Goberno central para evitar que esta situación dos materiais supoña unha ameaza para a execución dos contratos de obras públicas.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí