Cláusula de protección de datos
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A presente política de privacidade redactouse coa intención de facilitar ao usuario a comprensión de todos os seus termos, de tal xeito que poida elixir libremente a aceptación das condicións.
Coa lectura deste documento, o usuario fica informado da forma na que a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN recompila, protexe e utiliza os datos que se lle facilitan a través do sitio web ou outros medios.
A visita a este sitio web non supón que o Usuario estea obrigado a facilitar información ningunha sobre si propio. Caso de o usuario proporcionar algunha información de carácter persoal por mor dunha solicitude de acceso a algún servizo, en concreto dos ofrecidos pola FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN, os datos recollidos serán utilizados coa finalidade, na forma e coas limitacións e dereitos regulados na normativa aplicable e que se indican deseguido:
1. Responsable do tratamento
• O responsable do tratamento de datos será a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN.
• CIF: G-80468416
• Enderezo: C/ Rivas, 25 – 28052 Madrid
• Teléfono 900 11 21 21 – www.fundacionlaboral.org
• Inscrita no Rexistro de Fundacións Laborais co número 78.
• Delegado de protección de datos: dpd@fundacionlaboral.org.
2. Finalidade do tratamento
Os datos persoais fornecidos a través do sitio web serán tratados pola FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN para os seguintes fins:
• Os datos utilizaranse para atender as consultas ou prestar os servizos solicitados, así como para xestionar o acceso do usuario ao servizo solicitado en cuestión (Cursos, TPC, Seguridade e Saúde, Emprego, Cotas, Libraría, Boletín Dixital, Xornadas).
• Os datos poderán ser utilizados para o envío de información comercial, mesmo por medios electrónicos, e para os produtos, servizos, cursos, eventos e actividades da FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN, así como de terceiros que teñan as mesmas finalidades comerciais se vostede aceptou expresamente estes servizos no formulario no que se recompilaron os seus datos, e tamén para a xeración de perfís en función das súas preferencias.
3. Requirimento mínimo de datos
Os datos recompilados serán os axeitados, pertinentes e limitados para poder desenvolver o fin solicitado polo usuario.
En función da finalidade do tratamento, a categoría dos datos solicitados pola FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN poderá ser de identificación, contacto, características persoais (incluído o recoñecemento de discapacidade), circunstancias sociais (incluídos os relativos a violencia de xénero), detalles de emprego (inclúese se concorre a condición de desemprego), datos académicos e datos económicos.
No entanto, a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN comprométese a que os datos obtidos sexan os mínimos necesarios para o cumprimento da finalidade e a utilizalos só para ese fin.
4. Lexitimación do tratamento
O tratamento dos datos por parte da FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN baséase no consentimento voluntario que o Usuario realiza para poder acceder aos servizos da FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN.
5. Responsabilidade do usuario
O usuario é responsable da veracidade dos datos que facilita á FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN, así como da súa actualización.
O usuario será responsable polos danos e prexuízos que as informacións falsas ou inexactas poidan causar á FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN ou a terceiros.
6. Destinatarios dos datos
Os datos persoais comunicaranse aos colaboradores da FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN que xestionan o sitio web, os cursos impartidos e os envíos con información comercial, aos que se lles esixen os niveis de seguridade de protección de datos persoais consonte o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais.
Así mesmo, os seus datos comunicaranse a terceiras empresas para o envío de información comercial por medios electrónicos, se así o desexou.
En función do servizo requirido polo Usuario, os seus datos poderán transmitirse a terceiros para o cumprimento de obrigas legais ou para poder desenvolver o devandito servizo. Por mor disto, ocasionalmente os datos do Usuario poderán saír do Espazo Económico Europeo, xa que a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN utiliza para o desenvolvemento da súa actividade aplicacións informáticas con servidores replicados fóra do Espazo Económico Europeo.
7. Prazo de conservación dos datos
Os datos persoais fornecidos conservaranse durante o tempo preciso para atender a súa solicitude. Así mesmo, os datos de identificación proporcionados polo interesado para xestionar o envío de información por medios electrónicos conservaranse mentres non se solicite a súa supresión, por parte do interesado, segundo o procedemento disposto no apartado seguinte.
8. Exercicio de dereitos
O usuario ten recoñecidos os seguintes dereitos:
1. Dereito de acceso aos datos persoais do interesado. O interesado pode obter confirmación sobre se a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN trata datos persoais que o concirnen.
2. Dereito de rectificación, é dicir, o interesado ten dereito a solicitar unha rectificación dos datos inexactos.
3. Dereito de supresión, o interesado pode solicitar que se deixen de tratar os seus datos sen dilación indebida, entre outros motivos, porque estes deixaron de ser precisos, se retirou o consentimento, etc.
4. Dereito a limitar o tratamento dos datos, é dicir, o interesado poderá pedir que non se apliquen os seus datos persoais ás operacións de tratamento que corresponderen en cada caso.
5. Dereito de oposición, se o interesado se opón ao tratamento, a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN deixará de tratar os seus datos, agás por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
6. Dereito á portabilidade dos datos, polo que os interesados poderán solicitar á FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN a descarga estruturada dos seus datos ou a transmisión dos mesmos directamente a unha terceira entidade, se for tecnicamente posible.
Para facer uso destes dereitos, o usuario pode enviar unha mensaxe de correo electrónico a dpd@fundacionlaboral.org, indicando no asunto “Protección de datos” e achegando unha copia do seu documento de identidade, de tal xeito que a Fundación poida contrastar a identidade do usuario antes de realizar a xestión solicitada.
Do mesmo xeito, se o Usuario ten algunha dúbida acerca do exercicio dos seus dereitos pode dirixirse á Axencia Española de Protección de datos para resolvela, no enderezo http://www.agpd.es. Os interesados poderán presentar así mesmo unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de datos, especialmente cando non obtiveren satisfacción no exercicio dos seus dereitos, en Calle de Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, teléfono de contacto: 912 66 35 17 ou en www.agpd.es
9. Medidas de seguridade
A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN tratará todos os datos baixo a máis estrita confidencialidade, aplicando as medidas de seguridade, técnicas e organizativas que correspondan segundo a lexislación aplicable.
A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN mantén os niveis de seguridade de protección de datos persoais consonte o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e estabeleceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos datos que o Usuario facilite a través da páxina web sen prexuízo de informalo de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.
A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN comprométese a cumprir co deber de segredo e confidencialidade no que respecta aos datos persoais tratados de acordo coa lexislación aplicable.
Infórmaselle de que os seus datos persoais poden utilizarse para elaborar perfís individualizados con fins comerciais, se así o desexa. O resultado deste proceso de elaboración de perfís é o envío de información comercial e ofertas personalizadas por parte da FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN en función dos seus intereses ou as súas preferencias.
Os datos que son obxecto deste tratamento son aqueles fornecidos polo Usuario á FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN ou que poden xerarse durante o emprego da plataforma web: datos identificativos como nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, idade, enderezo postal, situación laboral, etc.
Ten a posibilidade de se opor a este tratamento dirixindo un escrito a través do enderezo de correo electrónico dpd@fundacionlaboral.org achegando en todo caso unha copia do seu documento nacional de identidade, pasaporte ou outro documento válido que o identifique.
10. Dereito a presentar unha reclamación perante as Autoridades de Control
Infórmase aos interesados da posibilidade de poren en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos calquera incidencia sobre o tratamento dos seus datos. A Axencia Española de Protección de Datos ten a función de velar polo cumprimento da lexislación e controlar a súa aplicación. Pode pórse en contacto coa Axencia Española de Protección de Datos a través do enderezo web www.agpd.es ou a través do teléfono 912 66 35 17.